Un
unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)
desprazarase este xoves 12 de marzo ata as inmediacións do Centro de
Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). Todas as persoas que
desexan doar poderán acudir ata a unidade móbil que estará
estacionada no aparcadoiro de pastos do CIAM.
A
ADOS quere agradecer á dirección do CIAM as facilidades amosadas
para o desenvolvemento das campañas de doazón de sangue que
comezaron a realizarse neste centro no ano 2007. Desde entón, as
unidades móbiles da Axencia teñen acudido ata o Centro de
Investigacións Agrarias de Mabegondo en 19 ocasións, acadando, no
transcurso destas visitas un total de 269 doazóns de sangue.