Profesionais
da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estarán o luns 23 de
febreiro no IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela atendendo
unha mesa informativa sobre a doazón de medula ósea. Estudantes e
docentes poderán achegarse para coñecer e resolver dúbidas sobre a
doazón de medula ósea para o que a Axencia é centro de referencia
para a tipaxe destes doantes.
Esta
iniciativa forma parte dun amplo programa informativo que a ADOS
desenvolve nesta segunda fase da campaña de doazón en centros
educativos de toda Galicia.