A EMPRESA CLAVO RECIBE A VISITA DUNHA UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá mañá martes 17 de febreiro unha nova campaña de doazón de sangue en Clavo S.A. co obxectivo de favorecer a participación dos traballadores e traballadoras. O horario de atención da unidade móbil, que estará estacionada no aparcamento da empresa, será das 10:00 ás 14:00 horas.

Clavo S.A. ten acollido campañas de doazón de sangue desde o ano 2004, obtendo un total de 817 doazóns de sangue no transcurso destas visitas.

A Axencia quere agradecer é dirección de Clavo S.A. a súa colaboración e compromiso co desenvolvemento das campañas de doazón, recoñecemento que fai extensivo a todos os traballadores e traballadoras que teñen participado ao longo destas dúas últimas décadas.




Comparte vida, únete a nós.