A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá hoxe,
mércores 4 de febreiro, unha campaña de doazón nas instalacións
da empresa Alcoa en Cervo. Co obxectivo de facilitar a participación
dos traballadores e traballadoras, unha unidade móbil da ADOS estará
estacionada fronte aos servizos médicos das 10:30 ás 14:30 horas.
A
ADOS ten visitado a Alcoa desde o ano 1994, acadando, no transcurso
destas campañas, un total de 2.820 doazóns de sangue. Neste
sentido, desde a Axencia agradecer á xerencia de Alcoa a súa
constante colaboración e compromiso co labor de recollida de doazóns
de sangue, recoñecemento que quere facer extensivo a todos os
traballadores e traballadoras que doan sangue.