AS INSTALACIÓNS DE FERROGLOBE SPAIN METALS S.A.U. RECIBEN A VISITA DAS UNIDADES MÓBILES DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá mañá, xoves 29 de xaneiro, unha nova campaña de doazón nas instalacións da Ferroglobe Spain Metal S.A.U. en Sabón. Todos os traballadores e traballadoras que desexen participar activamente, poderán doar sangue na unidade móbil da Axencia que estará estacionada diante do botiquín da empresa das 09:30 ás 14:30 horas.


As unidades móbiles da ADOS teñen visitado as instalacións de Ferroglobe Spain Metal S.A.U. en 41 ocasións desde o ano 1999, acadando, no transcurso destas campañas, un total de 1.097 doazóns de sangue. Neste sentido, desde a Axencia agradecer á xerencia de Ferroglobe Spain Metal S.A.U. a súa constante colaboración e compromiso co labor de recollida de doazóns de sangue, recoñecemento que quere facer extensivo a todos os traballadores e traballadoras que doan sangue.


Comparte vida, únete a nós.