A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) está a desenvolver
unha campaña de doazón nas instalacións de COREN Ourense, a
empresa con maior número acumulado de doazóns de sangue da
provincia ourensá.
Desde
a posta en marcha das campañas de doazón de sangue en unidades
móbiles, ADOS ten visitado as instalacións de COREN CPA e Coren San
Cibrao todos os anos desde 1996, acadando desde esa primeira visita,
unha cifra de 3.258 doazóns de sangue procedentes da solidariedade
dos seus traballadores e traballadoras.
COREN
Ourense é unha empresa referente de altruísmo e solidariedade que,
mesmo, foi recoñecida en diversas ocasións co gallo da
conmemoración do Día Mundial do Doante de Sangue.
Ao
longo da presente semana, unha unidade móbil de ADOS estará
estacionada o martes 20 e o mércores 21, no recinto da empresa Coren
CPA das 09:30 ás 14:30 horas, e o xoves 22 a unidade móbil da
Axencia visitará as instalacións de Coren en San Cibrao, para
atender a todos os doantes das 09:30 ás 12:30 horas. Así mesmo, das
13:00 ás 14:20, a unidade móbil da Axencia visitará a empresa Coren
CPA en Taboadela para facilitar a participación dos traballadores e
traballadoras desta instalación.
ADOS
quere agradecer a COREN Ourense a súa longa traxectoria de
colaboración e compromiso coa doazón de sangue, xa que coa sua
participación nas campañas de doazón non só contribúe a
consecución dun elevado número de doazóns de sangue, senón que
permite a creación dunha conciencia social favorable á doazón de
sangue. Desde a Axencia, amosar o noso recoñecemento á dirección
de COREN pola súa colaboración, agradecemento que queremos facer
extensivo a todos os traballadores e traballadoras que doan sangue.