A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE FACILITA O ACCESO Á DOAZÓN DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA DEPUTACIÓN, CORREOS E PORTO DA CORUÑA

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá hoxe, xoves 18 de decembro, unha campaña de doazón para facilitar a participación dos traballadores e traballadoras da Deputación, Correos e Porto da Coruña. Co obxectivo de posibilitar a doazón dos traballadores e traballadoras destes organismos, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada na explanada de Palexco das 09:30 ás 14:30 horas.


A ADOS ten organizado campañas de doazón de sangue para posibilitar a participación dos traballadores e traballadoras da Deputación, Correos e Porto da Coruña desde o ano 1994, realizando 20 visitas e obtendo, no transcurso das mesmas, un total de 305 doazóns de sangue. Neste sentido, desde a Axencia agradecer aos traballadores e traballadoras da Deputación, Correos e Porto da Coruña a súa inestimable colaboración e participación nas campañas de doazón de sangue desenvolvidas pola ADOS.


Comparte vida, únete a nós.