LA AXENCIA DE DOAZÓN DE SANGUE, ÓRGANOS E TECIDOS PROMUEVE LA DONACIÓN DE SANGRE EN LA EMPRESA MAGNA SEATING VIGO S.A.U.


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará ao longo da xornada do mércores 19 de novembro na empresa Magna Seating Vigo S.A.U. para incentivar a doazón de sangue entre os seus traballadores e traballadoras. Todas as persoas que desexen participar activamente, poderán acudir ata unha unidade móbil da ADOS que estará estacionada dentro do recinto da empresa das 10:00 ás 14:30 e das 16:00 ás 21:00 horas.


Magna Seating Vigo S.A.U. conta cunha longa traxectoria de colaboración que comezou no ano 2000. Desde este ano, as unidades móbiles da Axencia visitaron as instalacións da empresa en 24 ocasións, acadando, no transcurso destas visitas, 1.122 doazóns de sangue.


ADOS quere agradecer á dirección de Magna Seating Vigo S.A.U. as facilidades amosadas para o desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, recoñecemento que fai extensivo a todos os seus traballadores e traballadoras que participan activamente doando sangue.



Comparte vida, únete a nosotros.