A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE VISITA HOXE AS INSTALACIÓNS DE CRTVG EN SANTIAGO

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá hoxe, luns 25 de novembro, unha campaña de doazón nas instalacións da Compañía da Radio Televisión de Galicia (CRTVG) no santiagués barrio de San Marcos. Co obxectivo de facilitar a participación dos traballadores e traballadoras, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada dentro do recinto da CRTVG das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 18.30 horas.

A ADOS ten visitado a CRTVG nun total de 53 ocasións desde o ano 1993, acadando, no transcurso destas campañas, un total de 1.982 doazóns de sangue. Neste sentido, desde a Axencia agradecer á xerencia da CRTVG a súa constante colaboración e compromiso co labor de recollida de doazóns de sangue, recoñecemento que quere facer extensivo a todos os traballadores e traballadoras que doan sangue.

Comparte vida, únete a nós.