A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE VISITA MAÑÁ AS INSTALACIÓNS DO POLÍGONO DE PIADELA-GADISA EN BETANZOS

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá mañá, martes 19 de novembro, unha campaña de doazón no Polígono de Piadela-Gadisa (Betanzos), co obxectivo de facilitar a participación dos traballadores e traballadoras. Deste xeito, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada diante de Gadisa das 10:00 ás 14:00 horas e das 16:00 ás 21:00 horas.

A ADOS ten visitado o Polígono de Piadela-Gadisa nun total de 54 ocasións desde o ano 1997, acadando, no transcurso das anteditas visitas un total de 1.828 doazóns de sangue, converténdose nun punto de referencia inescusable no que atangue á doazón de sangue.

Neste sentido, desde a Axencia agradecer á xerencia do Polígono de Piadela-Gadisa a súa constante colaboración e compromiso co labor de recollida de doazóns de sangue, recoñecemento que quere facer extensivo a todos os traballadores e traballadoras que doan sangue.

Comparte vida, únete a nós.