A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE VISITA HOXE MÉRCORES O HIPERMERCADO CARREFOUR DOS ROSALES EN A CORUÑA

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Carrefour dos Rosales en A Coruña promoven unha nova campaña de doazón de sangue nas instalacións do hipermercado ao longo deste mércUnha unidade móbil está estacionada na estrada do aparcamento pola Ronda de Outeiro en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas, para atender a todas as persoas que desexen doar e compartir o seu tempo neste xesto solidario.
ores 10 de setembro.

ADOS ten visitado o Carrefour dos Rosales en 48 ocasións desde 2001, recollendo a solidariedade procedente dos seus profesionais, así como de todos os usuarios e usuarias que se achegan ao centro comercial.

ADOS quere agradecer á xerencia do hipermercado Carrefour dos Rosales a súa colaboración e compromiso coa doazón de sangue, xa que coa sua participación nas campañas de doazón non só contribúe a consecución dun elevado número de doazóns de sangue, senón que permite a creación dunha conciencia social favorable á doazón de sangue.

Comparte vida, únete a nós.