CIE GALFOR PARTICIPA NA NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN PROMOVIDA POLA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) está a desenvolver hoxe, mércores 18 de xuño, unha campaña de doazón nas instalacións de CIE Galfor, empresa que conta cunha longa traxectoria de colaboración e compromiso coas iniciativas destinadas a promover a doazón.

Ao longo da presente xornada, os traballadores e traballadoras de CIE Galfor terán unha nova oportunidade de doar sangue na unidade móbil que estará estacionada dentro do recinto da empresa en horario de 09:30 a 14:30 horas e pola tarde de 15:30 a 21:00 horas.

ADOS ten visitado as instalacións de CIE Galfor en San Cibrao das Viñas un total de 87 veces desde o ano 1995, acadando desde esa primeira visita, unha cifra de 1.646 doazóns de sangue procedentes da solidariedade dos seus traballadores e traballadoras.

ADOS quere agradecer a CIE Galfor a súa longa traxectoria de colaboración e compromiso coa doazón de sangue, xa que coa súa participación contribúe a consecución dun elevado número de doazóns de sangue e á creación dunha conciencia social favorable á doazón.

Desde a Axencia, amosar o noso recoñecemento á dirección de CIE Galfor pola súa implicación e tamén a todos os profesionais que participan neste xesto solidarias y altruista.​


Comparte vida, únete a nós.