ÁREA CENTRAL ACOLLE UNHA NOVA VISITA DAS UNIDADES MÓBILES DA ADOS

A campaña de doazón desenvolvida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) chega unha vez máis ata as instalacións de Área Central en Santiago de Compostela co obxectivo de acadar a participación dos seus traballadores, traballadoras e da veciñanza santiaguesa. A unidade móbil estará estacionada, como é habitual, fronte á cabina de información na escaleira de acceso a Alcampo en horario de 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas.

As unidades móbiles da Axencia comezaron a visita Área Central no ano 1993 e teñen acadado unha cifra acumulada de 15.691 doazóns de sangue.


Comparte vida, únete a nós.