A CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE ACHEGASE ÁS INSTALACIÓNS DE RESONAC

Os traballadores e traballadoras de Resonac poderán participar nunha nova campaña de doazón de sangue impulsada desde a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), grazas á colaboración brindada pola xerencia desta empresa coruñesa. Resonac ten acollido campañas de doazón de sangue desde o ano 1994, acadando 411 doazóns de sangue.

A Axencia quere convidar a todos os profesionais de Resonac a acudir a doar na unidade móbil que estará estacionada este martes 26 de maio diante do servizo médico en horario das 09:30 ás 14:30 horas.




Comparte vida, únete a nós.