A EMPRESA OURENSÁ VIEWNET ACOLLE UNHA VISITA DA UNIDADE MÓBIL DA ADOS

A empresa ourensá Viewnet recibe este xoves 14 de maio a visita dunha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que atenderá a todas as persoas que desexen doar das 09:30 ás 14:30 horas. A unidade móbil estará estacionada no recinto da empresa que xa ten acollido 19 visitas da Axencia, acadando un total de 350 doazóns de sangue.

A Axencia quere convidar a todos os traballadores e traballadoras de Viewnet a que doen sangue, así como agradecer á dirección da empresa a súa colaboración na organización de campañas de doazón de sangue, un xesto imprescindible para o axeitado desenvolvemento do labor asistencial dos nosos hospitais.



Comparte vida, únete a nós.