Unha
unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)
visitará as instalacións da empresa Conservas Friscos S.A, de
Catoira ao longo do xoves 14 de maio. As persoas que desexen doar
poderán achegarse ata a unidade móbil que estará estacionada
fronte ao comedor de persoal das 10:00 ás 14:00 horas.
Conservas
Friscos S.A. ten unha longa traxectoria de colaboración coa ADOS a
prol das campañas de doazón de sangue. Unha vez ao ano, desde
1997, unha unidade móbil da Axencia desprazase ata a factoría
pontevedresa que acumula xa un total de 544 doazóns de sangue. Neste
sentido, a ADOS agradece a todos os traballadores e traballadoras a
súa colaboración e á dirección de Conservas Friscos S.A. a súa
implicación no fomento do solidario xesto da doazón de sangue.