A
empresa
santiaguesa Televés acollerá o martes 12 de maio unha campaña de
doazón de sangue promovida pola Axencia de Doazón de Órganos e
Sangue (ADOS). Unha unidade móbil da Axencia, estacionada dentro do
recinto da empresa, atenderá a todas as persoas que desexen doar
sangue das 08:30 ás 14:30 horas.
A
Axencia quere agradecer á dirección de Televés a súa constante
colaboración e compromiso co desenvolvemento de iniciativas
destinadas a fomentar o solidario xesto da doazón desde o ano 1993,
visitando as instalacións da empresa en 22 ocasión e acadando un
total de 1.032 doazóns de sangue.