TELEVÉS APOIA UNHA NOVA INICIATIVA PARA FOMENTAR A DOAZÓN ENTRE OS SEUS TRABALLADORES E TRABALLADORAS

A empresa santiaguesa Televés acollerá o martes 12 de maio unha campaña de doazón de sangue promovida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Unha unidade móbil da Axencia, estacionada dentro do recinto da empresa, atenderá a todas as persoas que desexen doar sangue das 08:30 ás 14:30 horas.

A Axencia quere agradecer á dirección de Televés a súa constante colaboración e compromiso co desenvolvemento de iniciativas destinadas a fomentar o solidario xesto da doazón desde o ano 1993, visitando as instalacións da empresa en 22 ocasión e acadando un total de 1.032 doazóns de sangue.


Comparte vida, únete a nós.