A EMPRESA SNOP ESTAMPACIÓN PARTICIPA NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE DOAZÓNS DE SANGUE

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) realizará, o mércores 7 de maio, unha nova visita ata a empresa Snop Estampación. Co obxectivo de promover a participación dos traballadores e traballadoras, a unidade móbil da ADOS estacionará dentro do recinto da empresa das 09:30 ás 14:30 horas.

Esta é a quinta campaña que acolle esta empresa desde o ano 2022, acadando, no transcurso das visitas anteriores, un total de 168 doazóns de sangue. Desde a Axencia, convidar a todos os traballadores e traballadoras a que acudan nesta nova oportunidade a doar e quere agradecer á dirección de Snop Estampación a súa colaboración no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue.


Comparte vida, únete a nós.