Profesionais
da
Axencia de
Doazón de Órganos e Sangue estarán
o
martes
24 de
marzo
na Facultade
de Medicina
da Universidade de Santiago de Compostela
atendendo
unha mesa informativa sobre a doazón de medula ósea. Estudantes e
docentes poderán achegarse para coñecer e resolver
dúbidas sobre a doazón de medula ósea para o que a Axencia é
centro de referencia para a tipaxe destes doantes.
Esta
iniciativa forma parte dun amplo programa formativo que a ADOS
desenvolve nesta segunda fase da campaña de doazón en centros
educativos de toda Galicia.