A CAMPAÑA “NON PERDAS ESTE BUS. LÉVATE AO SON DO CAMIÑO” CHEGA AOS CAMPUS DA ZAPATEIRA E ESTEIRO

O campus da Zapateira acollerá este luns 16 de marzo a campaña “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño” da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Unha unidade móbil estará estacionada no aparcadoiro de bus da Facultade de Ciencias das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas. Ao carón da unidade móbil, no transcurso desta xornada, instalarase unha escenografía consistente nunha carpa de DJ como xeito lúdico de dar a coñecer a campaña na que se sortearán abonos para asistir ao Son do Camiño do vindeiro mes de xuño.

Esta mesma carpa desprazarase o martes 17 de marzo ata o ferrolán campus de Esteiro onde tamén será posible doar sangue na unidade móbil que estará na Praza da Fonte das 09:30 ás 14.30 e das 15:30 ás 21:00 horas



Comparte vida, únete a nós.