AS UNIDADES MÓBILES DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE VISITAN AS INSTALACIÓNS DE ALCAMPO FERROL

As instalacións de Alcampo Ferrol acollen este martes 27 de xaneiro unha nova campaña de doazón promovida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Ao longo da xornada poderán acudir a doar traballadores, traballadoras, usuarios e usuarias ata a unidade móbil de ADOS que estará estacionada no aparcamento da entrada principal, en horario das 09:30 ás 14:30 horas e das 15:30 ás 21:00 horas.


Desde o comezo das campañas de doazón de sangue en unidades móbiles nesta empresa, as unidades móbiles da Axencia teñen visitado Alcampo Ferrol desde o ano 1994, o que pon de manifesto a dilatada traxectoria de colaboración e compromiso que ten a empresa coas iniciativas encamiñadas a promover o solidario xesto da doazón de sangue. No transcurso destas máis de tres décadas, téñense recollido nas campañas desenvolvidas en Alcampo Ferrol un total de 2.979 doazóns de sangue.


ADOS quere mostrar o seu recoñecemento á xerencia de Alcampo Ferrol pola súa colaboración e apoio na labor de recollida de doazóns de sangue, agradecemento que fai extensivo a todos os profesionais desta empresa que participan nesta iniciativa solidaria.



Comparte vida, únete a nós.