Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días máis de 30 concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia. ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
Luns 3 de abril:
Valdoviño, Bº Monte Alto e Os Rosales (A Coruña), Ordes, Aguiño (Ribeira), Ribadumia, O Rosal, As Neves, Chantada, Rúa do Paseo e Avda Buenos Aires (Ourense).
Martes 4 de abril:
Ares, Arteixo, Santa Cruz (Oleiros), Milladoiro (Ames), Cacheiras (Teo), Portonovo (Sanxenxo), Gondomar, Mondariz, Ribadeo, A Valenza (Barbadas).
Mércores 5 de abril:
As Pontes, Carballo, Obelisco (A Coruña), Ribeira, Praza Roxa (Santiago), Cambados, Aguarda, Arbo, Praza Maior, Ronda das Fontiñas (Lugo), Verín.
Sábado 8 de abril:
Bº San Valentín (Fene) Carballo, Ribeira. Cambados,A Guarda, Verín.
Ademais, ADOS recorda que tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas, excepto o xoves e venres de Semana Santa. Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.
SAÚDOS DO GABINETE DE COMUNICACIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE.