UNHA UNIDADE MÓBIL DE ADOS VISITA AS INSTALACIÓNS DA EMPRESA PROFAND VILAGARCÍA S.L.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) está a desenvolver hoxe, martes 29 de xullo, unha campaña de doazón nas instalacións de Profand Vilagarcía S.L. co obxectivo de recoller a xenerosidade dos seus traballadores e traballadoras.

A unidade móbil da ADOS estará estacionada no recinto da empresa de 10:00 a 18.00h. para atender a todos os profesionais que desexen doar sangue, e compartir o seu tempo nun xesto solidario e necesario para garantir as reservas de sangue nos hospitais, especialmente nestes meses de verán cando se reducen o número de doantes.

A organización de iniciativas deste tipo, coa colaboración de entidades como Profand Vilagarcía S.L., supoñen un significativo impulso ás doazóns porque axudan a sensibilizar e concienciar, non só á poboación en xeral, senón a sectores importantes do tecido empresarial de Galicia.


Comparte vida, únete a nós.