A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) promove unha nova campaña de doazón os días 13 e 14 de xuño, coa particularidade, que para agradecer o xeneroso xesto da doazón de sangue, o Centro Comercial Travesía de Vigo, agasallará ás persoas que acudan a doar cunha entrada para ir ao cine.
Os cidadáns que queiran contribuír con este xesto solidario, poderán facelo mañá venres 13 de xuño no local da planta baixa das instalacións comerciais, en horario de 10:00 a 14:30 e de 15:30 a 21:00, e o sábado de 10:00 a 14:30h.
Esta é a undécima campaña de doazón conxunta que desenvolven ADOS e o Centro Comercial Travesía de Vigo que, desde o ano 2021, apoia todas as iniciativas destinadas a sensibilizar aos cidadáns da importancia da doazón de sangue.
ADOS quere amosar o seu agradecemento ao Centro Comercial Travesía pola súa constante contribución ao desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, especialmente, nunha data como a do 14 de xuño na que se pon en valor o labor das persoas que doan, coa conmemoración do Dia Mundial do Doante de Sangue.