A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolveu
ao longo deste mércores 4
de xuño,
unha nova campaña de doazón de sangue no
Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (C.T.A.G.).
Unha unidade móbil da ADOS estivo
estacionada
no recinto que o Centro Tecnolóxico ten en Porriño (Pontevedra), para facilitar a participación dos traballadores e traballadoras, en
horario
de
09:30
a
14:30
horas.
Desde
a posta en marcha das campañas de doazón de sangue nas
unidades móbiles, ADOS ten visitado as instalacións do
C.T.A.G. un
total de 21
ocasións, acadando desde a primeira visita realizada no ano 2008, a cifra de
762
doazóns de sangue, procedentes da solidariedade e
implicación dos
seus profesionais.
Neste
sentido, a
Axencia quere
agradecer
ao
C.T.A.G,
a súa colaboración e compromiso co labor de recollida de doazóns
de sangue.