A XUNTA DE GALICIA COLABORA NUNHA NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE PROMOVIDA POR ADOS

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) puxo en marcha unha nova campaña de doazón en colaboración coa Xunta de Galicia.

A iniciativa, que xa comezou o pasado luns, desenvólvese en Santiago de Compostela durante 4 días, desde o pasado luns ata o vindeiro xoves 5 de xuño. Ao longo destas xornadas unha unidade móbil da Axencia está estacionada diante da cafetería dos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Caetano,  e atenderá aos doantes de 09:30 a 14:30 horas.

ADOS leva visitando as instalacións da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela desde o ano 1994, que permitiron conseguir ao redor de 8.700 doazóns nas campañas desenvoltas nas instalacións administrativas que o executivo galego posúe en San Caetano.

Desde a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agradecemos a todos os traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia pola súa colaboración e compromiso neste tipo de iniciativas, e anima a todos eles a doar sangue durante os próximos días dentro da presente campaña.


Comparte vida, únete a nós.