UNHA UNIDADE MÓBIL DE ADOS DEPRAZADA Á ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PUBLICA (AGASAP), ATENDERÁ ÁS PERSOAS QUE QUEIRAN DOAR SANGUE


A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) acolle hoxe luns 16 de xuño unha nova campaña de doazón de sangue promovida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

Unha unidade móbil estará estacionada de 10:00 a 14:00h diante do edificio principal da AGASP, para facilitar a asistencia de todas a persoas que queiran doar sangue.

ADOS ten visitado as instalacións de AGASP más de 15 veces desde 2002, recollendo a solidariedade dos cidadáns, e os traballadores e traballadoras da Academia, comprometidos con este xesto xeneroso e altruista.

ADOS quere poñer en valor e agradecer a implicación da Academia Galega de Seguridade Pública no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, conscientes do importante que é doar para salvar vidas.


Comparte vida, únete a nós.