A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE E O COLEXIO AMOR DE DIOS DE VIGO PROMOVEN A DOAZÓN DE SANGUE CO PROGRAMA “MENSAXEIROS SOLIDARIOS”

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Colexio Amor de Dios (Vigo) están promovendo o programa de sensibilización e información a prol da doazón de sangue “Mensaxeiros Solidarios”. Este programa educativo pretende sensibilizar, desde os máis pequenos e pequenas da casa, ás familias galegas, da importancia do solidario xesto da doazón convertendo ao alumnado en “mensaxeiros solidarios”, xa que os estudantes trasladan aos seus fogares folletos informativos alusivos á doazón de sangue.

Posteriormente, na xornada do luns 13 de maio, a comunidade educativa do Colexio Amor de Dios acollerá a visita dunha unidade móbil de ADOS que acudirá ata o aparcadoiro do centro escolar das 09:30 ás 14: 30 e das 15:30 ás 18:00 horas para facilitar a doazón a todas as persoas que desexen participar.

ADOS quere amosar o seu sincero agradecemento á dirección do Colexio Amor de Dios, así como a toda a comunidade educativa deste centro vigués, por esta iniciativa que contribúe a mellorar a informacións dos estudantes a prol da doazón de sangue, así como posibilita un aumento das doazóns, un xesto fundamental para o sostemento da actividade asistencial en Galicia.

Comparte vida, únete a nós.