Estudantes
dos ciclos de Marketing e Publicidade e de Coidados Auxiliares de
Enfermería do Centro Chíos Formación (A Coruña) están a
desenvolver unha campaña especial de doazón de sangue para
incentivar a participación da veciñanza na campaña de doazón que
se desenvolverá mañá, martes 2 de decembro, na unidade móbil da
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que está estacionada
na Rúa Ramón e Cajal na Coruña.
A
unidade móbil ubicada nesta rúa da zona de Cuatro Caminos atenderá
a todas as persoas que desexen colaborar das 09:30 ás 14:30 horas e
das 15:30 ás 21:00 horas.
Nas
xornadas previas á visita da unidade móbil da ADOS, os estudantes
de Chíos Formación distribuiron información elaborada por eles
mesmos entre a veciñanza, convidándolles activamente á doar
sangue. Entre os materiais elaborados figuran carteis ou chapas
alusivas a este xesto solidario. No pasado mes de febreiro, o
alumnado de Chíos xa desenvolveu unha iniciativa similar que tivo
unha excelente acollida entre a veciñanza.
Desde
a ADOS, agradecer a Chíos Formación e ao seu alumnado a súa
implicación no desenvolvemento de iniciativas destinadas a fomentar
o xesto solidario da doazón e que contribuén á creación dunha
conciencia social favorable á doazón de sangue.