A CRTVG RECIBE A VINDEIRA SEMANA A VISITA DUNHA UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará ao longo da xornada do luns 10 de novembro nas instalacións da CRTVG. Os profesionais que desexen doar sangue poderán facelo na unidade móbil da ADOS que estará estacionada dentro do recinto da CRTVG das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 18:30 horas.


A CRTVG conta cunha longa traxectoria de colaboración que se remonta ao ano 1993, visitando, desde entón, semestralmente as instalacións da Compañía e contando coa activa participación dos seus traballadores e traballadoras nas campañas de doazón de sangue. Ademais, a CRTVG ven dando apoio constante ao labor de información e sensibilización da cidadanía galega a prol do solidario xesto da doazón, dando conta en todos os seus espazos, tanto informativos como de lecer, da importancia que ten doar sangue durante todo o ano.


Ao longo destas máis de tres décadas, as unidades móbiles da CRTVG acadaron un total de 2.049 doazóns de sangue. Neste sentido, a ADOS quere agradecer á dirección de CRTVG as facilidades amosadas para o desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, recoñecemento que fai extensivo a todos os seus traballadores e traballadoras que participan activamente doando sangue.


Comparte vida, únete a nós.