A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará ao longo da
xornada do luns 10 de novembro nas instalacións da CRTVG. Os
profesionais que desexen doar sangue poderán facelo na unidade móbil
da ADOS que estará estacionada dentro do recinto da CRTVG das 09:30
ás 14:30 e das 15:30 ás 18:30 horas.
A
CRTVG conta cunha longa traxectoria de colaboración que se remonta
ao ano 1993, visitando, desde entón, semestralmente as instalacións
da Compañía e contando coa activa participación dos seus
traballadores e traballadoras nas campañas de doazón de sangue.
Ademais, a CRTVG ven dando apoio constante ao labor de información e
sensibilización da cidadanía galega a prol do solidario xesto da
doazón, dando conta en todos os seus espazos, tanto informativos
como de lecer, da importancia que ten doar sangue durante todo o ano.
Ao
longo destas máis de tres décadas, as unidades móbiles da CRTVG
acadaron un total de 2.049 doazóns de sangue. Neste sentido, a ADOS
quere agradecer á dirección de CRTVG as facilidades amosadas para o
desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, recoñecemento
que fai extensivo a todos os seus traballadores e traballadoras que
participan activamente doando sangue.