ADOS PARTICIPA NO ACTO DE CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO DOANTE DE MEDULA ÓSEA PROMOVIDO POR ADROVI E A IRMANDADE DE DOADORES DE SANGUE DE VIGO

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estivo presente o pasado vernes 20 de setembro no acto organizado pola Irmandade de Doadores de Sangue de Vigo e ADROVI (Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo) no Centro Comercial Vialia de Vigo, na véspera da conmemoración do Día Mundial do Doante de Medula Osea.

A coordinadora autonómica de transplantes da ADOS, Encarnación Bouzas Caamaño, estivo presente neste acto, no que estudantes de enfermaría puideron asistir a unha charla sobre doazón e transplante impartida pola Dra. Carme Albo López.

Comparte vida, únete a nós.