A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE VISITA ESTA SEMANA AS INSTALACIÓNS DO CENTRO COMERCIAL VIALIA ESTACIÓN DE VIGO

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá mañá, venres 6 de setembro, unha campaña de doazón nas instalacións do Centro Comercial Vialia Estación de Vigo, co obxectivo de incentivar a participación dos seus usuarios e usuarias. Deste xeito, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada na Praza Pública do Centro Comercial Vialia Estación de Vigo das 15.30 ás 21:00 horas.

Salientar que é a cuarta ocasión na que as unidades móbiles da Axencia desenvolverán unha campaña de doazón nesta superficie comercial e, no transcurso das tres visitas precedentes, acadáronse un total de 193 doazóns de sangue, das cales o 33% (63 doazóns) correspondíanse con persoas que doaban por vez primeira. ADOS quere agradecer á xerencia do Centro Comercial Vialia Estación de Vigo a súa colaboración e compromiso coa doazón de sangue, xa que coa sua participación nas campañas de doazón non só contribúe a consecución dun elevado número de doazóns de sangue, senón que permite a creación dunha conciencia social favorable á doazón de sangue.

Comparte vida, únete a nós.