A EMPRESA MARTÍNEZ OTERO CONTRACT RECIBE HOXE MARTES A VISITA DUNHA UNIDADE MÓBIL DE ADOS

​A empresa Martínez Ótero Contract SL acolle hoxe martes 2 de setembro unha nova campaña de doazón de sangue promovida por ADOS.

Co obxectivo de facilitar a participación dos seus traballadores e traballadoras, unha unidade móbil da Axencia está estacionada dentro do recinto da empresa en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Dende o comezo das campañas de doazón de sangue en unidades móbiles nesta empresa, ADOS ten visitado as instalacións de Martínez Otero Contract en A Estrada dende o ano 2012, o que pon de manifesto a dilatada traxectoria de colaboración e compromiso que ten a empresa coas iniciativas encamiñadas a promover o solidario xesto da doazón de sangue.

​ ADOS quere mostrar o seu recoñecemento á Dirección de Martínez Otero Contract S.L. pola súa colaboración e apoio na labor de recollida de doazóns de sangue, agradecemento que fai extensivo a todos os profesionais desta empresa que participan nesta iniciativa solidaria.

Comparte vida, únete a nós.