A
empresa Martínez Ótero Contract SL acolle hoxe martes 2 de setembro
unha nova campaña de doazón de sangue promovida por ADOS.
Co
obxectivo de facilitar a participación dos seus traballadores e
traballadoras, unha unidade móbil da Axencia está estacionada
dentro do recinto da empresa en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Dende
o comezo das campañas de doazón de sangue en unidades móbiles
nesta empresa, ADOS ten visitado as instalacións de Martínez Otero
Contract en A Estrada dende o ano 2012, o que pon de manifesto a
dilatada traxectoria de colaboración e compromiso que ten a empresa
coas iniciativas encamiñadas a promover o solidario xesto da doazón
de sangue.
ADOS
quere mostrar o seu recoñecemento á Dirección de Martínez Otero
Contract S.L. pola súa colaboración e apoio na labor de recollida
de doazóns de sangue, agradecemento que fai extensivo a todos os
profesionais desta empresa que participan nesta iniciativa solidaria.