A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) está a desenvolver
hoxe, mércores 18
de xuño, unha campaña de doazón nas instalacións de CIE Galfor,
empresa que conta cunha longa traxectoria de colaboración e
compromiso coas iniciativas destinadas a promover a
doazón.
Ao
longo da presente xornada, os traballadores e traballadoras de CIE
Galfor terán unha nova oportunidade de doar sangue na unidade móbil
que estará estacionada dentro do recinto da empresa en
horario de 09:30
a
14:30 horas e pola
tarde de
15:30 a
21:00 horas.
ADOS
ten visitado as instalacións de CIE Galfor en San Cibrao das Viñas
un total de 87
veces desde o ano 1995, acadando desde esa primeira visita, unha
cifra de 1.646
doazóns de sangue procedentes da solidariedade dos seus
traballadores e traballadoras.
ADOS
quere agradecer a CIE Galfor a súa longa traxectoria de colaboración
e compromiso coa doazón de sangue, xa que coa súa
participación contribúe a consecución dun elevado número de
doazóns de sangue e
á
creación dunha conciencia social favorable á doazón.
Desde
a Axencia, amosar o noso recoñecemento á dirección de CIE Galfor
pola súa implicación
e tamén
a
todos os profesionais que participan neste xesto solidarias y
altruista.