A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE PROMOVE A PARTICIPACIÓN NA EMPRESA COMMCENTER DA CORUÑA

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará ao longo da presente xornada nas instalacións da empresa CommCenter da Coruña para incentivar a participación nas campañas de doazón de sangue de todos os profesionais que desexen colaborar.


As persoas que queiran participar activamente, poderán acudir ata a unidade móbil da ADOS que estará estacionada diante da empresa das 09:30 ás 10:30 horas.


A Axencia quere agradecer a todos os traballadores e traballadoras a súa participación e convidarlles a que continúen a incrementar ás 65 doazóns que se teñen rexistrado no transcurso das visitas realizadas pola ADOS ata CommCenter da Coruña desde o ano 2016.


Comparte vida, únete a nós.