O DÍA MUNDIAL DO RIL CENTRARÁ A SÚA ATENCIÓN EN RECOÑECER OS FACTORES DE RISCO E MELLORAR A DETECCIÓN TEMPERÁ DA ENFERMIDADE RENAL

ADOS participará no acto conmemorativo do Día Mundial do Ril organizado por ADROVI, a Irmandade de Doantes de Sangue de Vigo e ALCER Pontevedra

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2025.- A celebración do Día Mundial do Ril este xoves 13 de marzo, quere lembrar unha vez máis a importancia da enfermidade renal como unha patoloxía silente, pouco diagnosticada que non presenta síntomas ata o seu avanzado estado, onde o doente pode chegar a perder ata o 30% da súa función renal. O obxectivo desta xornada pretende concienciar á sociedade da importancia de recoñecer os factores de risco e mellorar a detección temperá da enfermidade.

ADOS, consciente coa situación da enfermidade entre a poboación, participará na conmemoración do Día Mundial do Ril no evento organizado pola Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo (ADROVI), a Irmandade de Doantes de Sangue de Vigo e ALCER Pontevedra.

O acto que se celebrará no centro comercial Vialia, impartirá charlas acerca da importancia da alimentación e os hábitos de vida saudables para previr enfermidades de orixe renal. Tamén contará coa intervención de dous nefrólogos especialistas en coidado dos nosos riles, mentres que persoal de enfermería do Hospital Vithas tomará a tensión arterial a todas as persoas presentes interesadas.

Datos en Galicia

O número de doentes que están en Tratamento Renal Substitutivo (TRS) en Galicia é de 2000 en diálise e máis de 2000 con transplante renal en funcionamento. En canto á doazón en vivo, a día de hoxe, realizáronse 470 transplantes renais, atendendo aos datos facilitados pola Coordinación Autonómica de transplantes.

Os especialistas sinalan diferentes causas como a diabetes e a enfermidade cardiovascular, responsables do 50% dos casos. Outros factores como a obesidade, a HTA o consumo de tabaco tamén poden provocar problemas nos nosos riles.

Segundo os expertos a enfermidade renal é una pandemia silente. Calcúlase que xa afecta ao 15% da poboación adulta en España. Ademais a prevalencia de Tratamento Renal Substitutivo (diálise o transplante) aumentouis dun 30% na última década no noso país, cun alto impacto socio-sanitario para os doentes afectados.

Comparte vida, únete a nós.