O POLÍGONO INDUSTRIAL DE PIADELA RECIBE ESTA SEMANA A VISITA DUNHA UNIDADE MÓBIL DE ADOS

 
 
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolve este martes 9 de xullo unha nova campaña no polígono industrial de Piadela de Betanzos, onde se encontran as instalacións de Gadisa, empresa que conta cunha dilatada traxectoria de colaboración e compromiso coas iniciativas encamiñadas a promover o solidario xesto da doazón de sangue, e que tamén patrocina o concurso anual para escolares de carteis relacionados coa doazón e cos transplantes .

Durante a xornada do martes, as traballadoras e traballadores do polígono industrial de Piadela terán unha nova ocasión de doar sangue na unidade móbil de ADOS que estará estacionada diante das instalacións de Gadisa e que atenderá a todos os doantes de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas.

Dende ADOS, queremos mostrar o noso recoñecemento á Dirección de Gadisa e a todas as empresas asentadas no polígono industrial de Piadela pola súa colaboración, agradecemento que facemos extensivo a todos os traballadores e traballadoras que doan sangue.
 

 

Comparte vida, únete a nós.