CONFERENCIA "A DOAZÓN E O TRANSPLANTE DE MEDULA ÓSEA"

Este mércores 17 de marzo continuamos o Ciclo de charlas 'Depende de tí' 2020-2021 coa conferencia 'A doazón e o transplante de medula ósea' de Lourdes López Lama

Programa
mércores, 17 de marzo
19:00-20:30 h. Charla divulgativa sobre a doazón e o transplante de medula ósea.

A actividade contará coa colaboración da  Asociación Asotrame (Asociación galega de trasplantados de medula ósea) que achegará o seu testemuño e experiencia con todo o alumnado.
 
Lourdes López Lama Técnico Superior. Axencia de doazón de órganos e sange (ADOS). Servizo Galego de Saúde (SERGAS), Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Representante da Asociación Asotrame 

Asistencia
Asistencia online en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro asociado.

Inscrición
Actividade gratuíta. É NECESARIA A INSCRICIÓN PREVIA a través da plataforma on-line para asistir á actividade. 

AVISO IMPORTANTE: A matrícula para o seguimento na modalidade online en directo pecharase ás 12:00h do día de celebración da actividade. A partir dese momento, só estará dispoñible o seguimento online en diferido. A matrícula pecharase definitivamente o día seguinte á sesión. As persoas coa matrícula confirmada recibirán as ligazóns para o seguimento en ambas as modalidades.

Comparte vida, únete a nós.