GAÑADORAS DO II CONCURSO DE CARTEIS PARA ESCOLARES RELACIONADO COA DOAZÓN E OS TRANSPLANTES

As alumnas do IES Eusebio da Guarda (A Coruña), Alba García Sevilla e Paula Taboada Bravo, foron galardoadas co primeiro e segundo premio, respectivamente, da segunda edición do Concurso de Carteis para escolares relacionado coa doazón e os transplantes e que conta co patrocinio de Supermercados GADIS.
 
Tanto o primeiro premio, baixo o lema "Sé solidari@. Doar e doado", como o segundo, titulado "Regala e comparte vida", foron elaborados baixo a coordinación da profesora Noemí Díaz Vázquez que tamén foi distinguida, así como o centro educativo no que cursan os seus estudos ambas alumnas.

Comparte vida, únete a nós.