Neste novo portal racionalizáronse a estrutura, os contidos e a súa presentación para que a cidadanía poida acceder de forma máis áxil as súas distintas seccións
Santiago
de Compostela, 26
de xaneiro
de 2023.-
A Axencia de Doazón de órganos e
Sangue (ADOS) acaba de lanzar un novo
portal web, coa que se quere facilitar a
información sobre os distintos tipos de doazón e achegar a súa
actividade a sociedade.
Neste
renovado
portal web,
a cidadanía pode atopar toda a información precisa sobre os
requisitos para poder doar sangue, órganos, tecidos e medula ósea.
O
novo deseño e máis adaptativo, permitindo a correcta visualización
de todas as páxinas con independencia do dispositivo que usemos.
Esta tecnoloxía permite que unha mesma interface web se
vexa ben e se adapte as dimensións da pantalla de tablets, teléfonos
móbiles, portátiles e ordenadores de escritorio.
Ademais,
prestouse unha atención especial na mellora da navegación da web,
dirixindo todos os contidos, nun primeiro momento, aos cinco
grandes grupos de interese: Onde Doar, É-Saúde, Doazón de Medula
Ósea, Doazón e Transplante e Semáforo, e despregando a información
de maneira agrupada e clara, co obxectivo de que o usuario localice
e chegue a páxina de destino nos mínimos clics. Tamén
enlaza coas
redes sociais Twitter, Facebook, Instagram e YouTube,
e facilita teléfonos e correos electrónicos de contacto.
Os
contidos mais importantes do sitio están destacados mediante banners
iconográficos, e cada un destes contidos están a súa vez
relacionados con outros similares mediante etiquetas, enlaces e
banners específicos. Tamén se utilizan
tipografías moi lexibles e cores planas
e agradables para favorecer a lectura de textos nas pantalla.
Este
lanzamento do
novo portal
web enmárcase dentro do proceso de mellora continua que se leva a
cabo dende a Consellería de Sanidade e ADOS.
Saúdos do Gabinete de Comunicación da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.