h1

A unidade de Hemaférese do Centro de Transfusión de Galicia é o departamento responsable da extracción de certos compoñentes sanguíneos e iniciou o seu labor en 1994. Con anterioridade a esta data, non existían en Galicia doadores altruístas de plasma e/ou plaquetas.

Trala posta en funcionamento dos programas de plasmaférese e plaquetoaférese, dende o ano 1997 o Centro de Transfusión de Galicia desenvolve o programa correspondente á eritroaférese (extracción de glóbulos vermellos) e a finais do ano 1998 iniciou a extracción de triple compoñente sanguíneo (hemacías, plaquetas e plasma) mediante a técnica da citaférese.
O obxectivo da unidade de Hemaférese pasa por tentar que o 100% das plaquetas que se transfundan nos hospitais galegos procedan de doador único (plaquetoaférese) e que mediante a plasmaférese (recolección de plasma) garántase o autoabastecemento de plasmaderivados e de plasma de uso transfusional.