h1

Dende 1985 a doazón de sangue defínese como un acto voluntario, altruísta, anónimo, universal e gratuíto (Real Decreto 1945/1985 de 9 de outubro do Ministerio Sanidad y Consumo e posterior Real Decreto 1088/2005).

A Consellería de Sanidade elabora o seu propio marco normativo co Decreto 462 / 1990, de 20 de setembro, e posterior Decreto 100/2005, de 21 de abril, que adapta a normativa europea e reafirma a gratuidade deste xesto solidario:
·         Ninguén pode obrigar a unha persoa a doar sangue (VOLUNTARIO)
·         O doador e o receptor non se coñecen (ANÓNIMO)
·         O sangue doado vai destinado para calquera enfermo que o necesite (UNIVERSAL)
·         Non se paga a doazón, nin se lle cobra ao enfermo o sangue que recibe (ALTRUÍSTA e GRATUÍTO). Artigo 3º. Apartado 1. “ A doazón de sangue ou algún dos seus componentes constituirá sempre un acto de carácter voluntario e gratuíto e, EN NINGÚN CASO, existirá retribución económica para o doador NIN SE ESIXIRÁ ao receptor prezo ningún polo sangue recibido”