h1

En 1998 a Consellería de Sanidade autorizou a apertura e posta en funcionamento del Banco de Sangue de Cordón Umbilical do Centro de Transfusión de Galicia. Desde ese momento a unidade de Criobioloxía, en coordinación cos servizos de xinecoloxía e obstetricia, así como cos servizos de pediatría dos principais hospitais galegos,  encárgase do procesado e almacenamento das unidades de sangue de cordón umbilical doadas.

O banco de cordón de Galicia é un banco público, onde as unidades almacenadas están dispoñibles para calquera doente que o precise, agás os casos nos que está indicada unha doazón dirixida nos que o cordón quedará reservado para o enfermo.

 

A 31 de decembro de 2009 as unidades de cordón dispoñibles para transplante eran  de 5.234 unidades de Sangue de Cordón Umbilical.
 

O número de doentes transplantados foi de 67.

Dentro das outras actividades que a unidade de Criobioloxía ven desenvolvendo, están a organización do banco de hemacias fenotipadas e criopreservadas.
 
Entre as actividades que integran o traballo diario desenvolvido pola unidade de Criobioloxía resulta especialmente salientable a colaboración deste departamento cos programas de autotransplante de células proxenitoras en doentes con cancro con hospitais da Comunidade Autónoma.