h1

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na súa condición de presidente da
Axencia Galega de Sangue Órganos e Tecidos (ADOS), e Antonio López Díaz, reitor da
Universidade de Santiago de Compostela (USC), en representación do Centro de
Investigación en Medicina molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) da USC, asinaron
un convenio que ten como obxecto colaborar nun proxecto de investigación para
proporcionar novos fármacos para as enfermidades de tipo inflamatorio.

A liña de de investigación baséase na premisa de que as nosas moléculas de baixo peso
molecular con capacidades antiinflamatorias constitúen unha fonte prometedora de
novos tratamentos para a artrite reumatoide, actuando sobre dianas celulares e vías de
sinalización implicadas na inflamación que non están sendo controladas polos
tratamentos actuais. Proporcionando así, a medio prazo, novos fármacos candidatos que
poderían ser administrados por vía oral, mellorando a calidade de vida dos pacientes.