En 1998 a organización certificouse por primeira vez
segundo os requisitos da norma ISO 9002:1994. Durante 2004, a organización
adaptou o seu sistema de xestión á ISO 9001:2000, no 2010 á ISO 9001:2008 e no
2019 á ISO 9001:2015.
O Sistema de Xestión da Calidade asegura o bo
funcionamento de todos os procesos, conservando os niveis de eficiencia e
calidade conseguidos ata o momento.
Certificados e acreditacións
Certificación ISO 9001

É a
certificación do Sistema de Xestión da Calidade de acordo cos criterios da
Norma ISO 9001:2015.
Renóvase
cada 3 anos e revísase semestralmente.
Estándares en Transfusión Sanguínea do Comité de Acreditación en Transfusión (CAT). Sociedade Española de Transfusión Sanguínea (SETS).

A
Fundación CAT, organismo de certificación de calidade en transfusión, terapia
celular e tisular, certifica que ADOS foi auditada e é conforme aos Estándares
en Transfusión Sanguínea CAT nas seguintes áreas: Análise, Aférese,
Doazón, Autodoazón, Almacenamento – Distribución e Procesamento de
compoñentes.
Certificamosnos
por primeira vez en 1997. Esta acreditación CAT corresponde a cada unha das
unidades auditadas e renóvase cada 3 anos e revísase anualmente.
Estándares
en Bancos de Sangue de Cordón Umbilical da Fundación CAT.
A Fundación CAT, organismo de certificación de
calidade en transfusión, terapia celular e tisular, certifica que a AXENCIA
GALEGA DE SANGUE, ÓRGANOS E TECIDOS foi auditada e é conforme aos Estándares en
obtención, procesamento, almacenamento e distribución de sangue de cordón nas
seguintes áreas: Obtención de sangue de cordón, procesamento, almacenamento e
distribución de sangue de cordón.
Dispoñemos
desta certificación desde 2012 e renóvase cada 3 anos e revísase anualmente.
Standards
for Histocompatibility Testing. European Federation for Immunogenetics (EFI)

O
Laboratorio de histocompatibilidad (HLA) está acreditado pola EFI (European
Federation of inmunogenetics) para a tipificación de HLA desde 1998 e renóvase
anualmente.