h1

A creación en agosto de 1993 do CTG, permitiu, por primeira vez na Comunidade Autónoma de Galicia, a obtención de medicamentos derivados do plasma de doazóns de sangue voluntarias de Galicia.

Ata o ano 1994, era la industria farmacéutica, tanto nacional como estranxeira, a que subministraba todos os medicamentos derivados do plasma utilizados nesta comunidade.

A Consellería de Sanidade propiciou que estes medicamentos (albúmina, inmunoglobulinas I.V., factor VIII e alfa-1-antitripsina) se obteñan a partires de estritos controis de selección de doadores. Paralelamente, impulsou un programa de plasmaférese (doazón exclusiva de plasma), co obxectivo de aproximarse a autosuficiencia nestes medicamentos.

Así mesmo, os medicamentos elaborados con plasma de doazóns de sangue voluntarias de Galicia, sométense a un proceso de seguridade de alto nivel dende a industria fraccionadora (responsable da clasificación, análise e control do plasma), que garanten a codificación de cada unha das unidades de plasma e o seu seguimento informático ao longo de todo o proceso.

A información xerada polo sistema resúmese na aplicación informática PEDIGRÍ, dispoñible en internet (
www.pedigrionline.net) e accesible aos profesionais usuarios, proporcionando absoluta transparencia informativa. Deste xeito, cada lote de plasmaderivados ten o seu correspondente PEDIGRÍ, que ofrece información específica sobre a orixe do plasma, análises realizadas e o seu certificado.

Dende a unidade de Farmacia do CTG, mediante unha aplicación de xestión informática, realízase un seguimento de subministración aos servizos de farmacia da rede hospitalaria, de todos e cada un dos devanditos produtos, en función de lotes e caducidades. Deste xeito, garántese o seu perfecto seguimento.
Ademais, este sistema informático, permite coñecer a cantidade de produtos distribuídos anualmente e coñecer o grao de autosuficiencia acadado.
 
GRADO DE AUTOSUFICIENCIA 2014
76,88% albúmina
98,31% Factor VIII
66,60% Inmunoglobulina
23,28% alfa 1 antitripsina