h1

A capacidade de separar os compoñentes sanguíneos da sangue total na década dos 60, marcou un fito na historia do tratamento transfusional. Podemos obter tres compoñentes sanguíneos a partires dunha soa doazón, o que significa que se poden beneficiar diferentes doentes. Deste xeito, optimízase o uso dun ben escaso, os doentes reciben só o compoñente preciso e redúcese o risco de reacción transfusional. En definitiva, a terapia de compoñentes ten vantaxes de índole loxística e ética.

Na unidade de fraccionamento do Centro de Transfusión de Galicia lévase a cabo o proceso de separación dos diferentes compoñentes a partires da doazón de sangue, obtendo dous produtos finais, concentrado de hemacias e plasma; e un produto intermedio buffy coat (BC) ou capa leucoplaquetar, tras un proceso especial de unión de 5 BC acadase unha unidade terapéutica de plaquetas.
 
Todos os compoñentes fíltranse no momento da súa preparación, sendo o contido residual de leucocitos inferior ao millón por unidade, para así minimizar e/ou evitar as posibles reaccións transfusionais febriles non hemolíticas.
 
As veces resulta preciso realizar  algunha modificación ou tratamento adicional nos compoñentes sanguíneos, xa sexa para minimizar algún tipo de reacción ou para aumentar a seguridade transfusional. Neste marco, sitúase a irradiación gamma, que produce unha inhibición dos linfocitos T presentes nos CS. Os doentes con risco clínico de desenvolver a enfermidade inxerto contra hospede asociada á transfusión (EICH-AT), deben recibir CS irradiados xa que esta técnica resulta eficaz na profilaxe da antedita complicación. Son doentes de risco aqueles que están en situación de inmunosupresión e os que reciben CS dun doador co que comparten antíxenos HLA. Este proceso lévase a cabo mediante irradiación gamma na instalación radiactiva existente no propio CTG.
Para a transfusión pediátrica, en ocasións é preciso fraccionar e/ou alicuotar un CS en varias doses, isto facilita o uso de varias fraccións procedentes dun só doador para o mesmo receptor. Na unidade, os CS correspondentes son preparados para alicuotar, cando o solicitan os centros hospitalarios.
A pesares das medidas de seguridade establecidas para todas as doazóns, persiste un risco microbiolóxico residual, mínimo. Para afrontar este risco, no ano 1998 iniciamos o proceso de inactivación fotodinámica para o plasma. Dende o ano 2008 estamos tratando os compoñentes de plaquetas con amotosaleno+UVA como estratexia de redución de patóxenos. A redución de patóxenos ten por obxecto inactivar virus, bacterias e parasitos presentes nos CS, que podan ter efectos nocivos no receptor da transfusión, sen comprometer a súa eficacia terapéutica nin causar efectos adversos.
Cada CS, así como calquera modificación ou tratamento que sexa aplicado, rexístrase no sistema informático. Os CS obtidos que finalmente poden utilizarse para transfusión, porque cumpren os requisitos vixentes de calidade de produto e de idoneidade, en relación ao cribado analítico, aportan nas súas etiquetas información sobre os seguintes aspectos: denominación oficial do compoñente, identificación numérica ou alfanumérica exclusiva da doazón, data de extracción e caducidade, grupo ABO e Rh, resultados das probas de detección de axentes infecciosos, resultados do escrutinio de anticorpos irregulares antieritrocitarios (e a súa identificación cando proceda), composición e volume do anticoagulante e/ou da solución aditiva, temperatura e condicións de almacenamento, instrucións sobre o uso dos CS.
 
O almacenamento dos diferentes CS faise nas condicións e á temperatura que especifica a normativa para cada compoñente, así os preparados de hemacias en solución aditiva mantéñense a temperatura entre 2 e 6º C, por un período máximo de 42 días. Os preparados de plaquetas consérvanse entre 20 e 24º C durante 7 días, xa que se empregan métodos de redución de potenciais patóxenos. Os compoñentes de plasma almacénanse conxelados e o seu tempo máximo de almacenamento é de  24 meses.
Por outra banda, na unidade lévase a cabo a distribución dos distintos compoñentes sanguíneos a todos os centros sanitarios galegos. A subministración dos diferentes CS realízase  diariamente utilizando un transporte refrixerado, preparado para garantir o estrito cumprimento das condicións de preservación dos distintos CS.
 

COMPOÑENTES SANGUÍNEOS

 
·         HEMACIAS
 
o   Concentrado de Hemacias  leucodeplecionadas  -HCF-:
Produto que se obtén a partires de:
a) A filtración de sangue total e posterior centrifugación, extraendo a meirande parte do plasma e subseguinte resuspensión do concentrado de hemacias filtrada nunha solución aditiva apropiada -SAG Manitol-.
b) A filtración de concentrado de hemacias suspendidos en SAG Manitol, ben procedente de doazón estándar ou de doazón de aférese (multicompoñente).
 
O volume medio en: a) é de 280± 19 mL e en b) é de 258 ± 19 mL.
O valor do hematocrito está entre 50 – 65 %.
A cifra media de hemoglobina é de 51.8 gr/unidade, sendo o valor mínimo de 40 gr/unidade.
O contido residual de leucocitos é menor de 1 x 106/unidade.
 
o   Concentrado de hemacias fenotipadas:
Mesmo produto que o xa descrito como HCF, e no que se determinaron algúns grupos de antíxenos eritrocitarios.
o   Concentrado de hemacias Irradiadas – HCFI-:
Mesmo produto que o xa descrito como HCF, sometido a unha irradiación gamma de 25 Gy entre o 1º e 14º día de extracción. A data de caducidade é de 28 días dende a data da extracción
o   Concentrado de hemacias de eritroaférese leucodeplecionada-HC1F/HC2F-:
Produto procedente de aférese dun único doador e nunha soa doazón, obtéñense dúas unidades terapéuticas de concentrado de hemacias HC1 e HC2, xa filtradas.
O volume medio é de 270 ± 10 mL.
O valor mínimo de hemoglobina é de 40 gr/unidade.
O contido residual de leucocitos é menor de 1 x 106/unidade.
 
 
·         PLASMA:
 
o   Plasma fresco conxelado -PF-:
É a fracción líquida procedente de sangue yotal dun doador. Obtense mediante centrifugación e posterior separación. O PF é conxelado a unha temperatura inferior a -30°C; para manter niveis axeitados de Factor VIIIc, a lo menos 0,7 UI/ml,  un contido celular inferior a 40 x 109 plaquetas/L e unha taxa de hemoglobina £ 0,05 gr/dl. Ol volume mínimo é de 200 ml.
o   Plasma fresco conxelado tratado con Azul de Metileno -PFAM-:
Plasma fresco conxelado tratado con Azul de Metileno. Mesmo produto que o descrito como -PF- sometido a un proceso de inactivación viral mediante o tratamento fotodinámico con Azul de Metileno + iluminación , que é filtrado previamente ao antedito tratamento. O contido residual de leucocitos é menor de 1 x 106. O volume medio é de 252 ml e o mínimo é de 220 ml.
 
o   Plasmaférese -PLAF-:
É o compoñente obtido dun doador por aférese e conxelado a -30°C para manter axeitados niveis de Factor VIIIc a lo menos 0,7 UI/ml,  un contido celular inferior a 40 x 109 plaquetas/L e unha taxa de Hb menor ou igual a 0,05 gr/dl. O volume mínimo é de 200 ml.
o   Plasma de aférese tratado con Azul de Metileno -PAM-:
Plasma fresco conxelado procedente dun doador de aférese sometido a un proceso de inactivación viral mediante o tratamento fotodinámico con azul de metileno + iluminación , que é filtrado previamente ao antedito tratamento. O contido residual de leucocitos é menor de 1 x 106. O volume medio é de  260 ml e o mínimo é de 220 ml.
·         PLAQUETAS:
 
o   Plaquetas de Aférese tratadas con Amotosaleno+UVA   -PQT-:
É o compoñente  que obtemos por aférese dun único doador, usando un separador celular automático. As plaquetas están suspendidas nun medio composto de solución aditiva (60-65%) e plasma (35-40%), cun volume e riqueza celular axeitados para proceder ao tratamento de redución de patóxenos con amotosaleno e luz UVA. O volume final medio é de 278±9 ml e unha riqueza mínima de 2.5 x 1011 plaquetas. O contido de leucocitos é menor de 1 x 106.
o   Plaquetas de aférese dobre tratadas con Amotosaleno+UVA  –PQT1 y PQT2-:
Compoñente procedente dun único doador de aférese. Obtéñense dúas unidades de plaquetas PQT1 e PQT2 coas mesmas características do produto descrito como PQT. O contido en leucocitos é menor de 1 x 106/ unidade.
o   Concentrado de plaquetas mestura tratados (CPMT)  -POOL 5 unidades-:
É o compoñente que obtemos pola unión de 5 Buffy-coat isogrupo mediante un selado en estéril, para acadar unha unidade terapéutica de plaquetas. As plaquetas están suspendidas nun medio composto de solución aditiva (60-65%) e plasma (35-40%), cun volume e riqueza celular axeitados para proceder ao tratamento de redución de patóxenos con amotosaleno e luz UVA. O volume final medio é de 332± 21ml e unha riqueza mínima  de  3 x 1011 plaquetas.  O contido de leucocitos é menor de 1 x 106.
o   Plaquetas de aférese en solución aditiva -PQSA-:
É o compoñente que obtemos por aférese dun único doador, usando un separador celular automático. Os concentrados de plaquetas obtidos por citaférese teñen un mínimo de 3 x 1011 plaquetas e están suspendidas nun medio composto de solución aditiva (60-65%) e plasma (35-40%).
O volume medio mínimo é de 200 ml. O contido de leucocitos é menor de 1 x 106.
o   Plaquetas de aférese en solución aditiva –PQS1 y PQS2-:
Compoñente procedente dun único doador de aférese do que obtemos dúas unidades de plaquetas PQS1 e PQS2, coas mesmas características do produto descrito PQSA. O contido en leucocitos é menor de 1 x 106/ unidade.
o   Concentrado de plaquetas mestura (CPM)  -POOL 5 unidades-:
É o compoñente obtido pola unión de 5 Buffy-coat isogrupo mediante sistema de selado en estéril, para acadar unha unidade terapéutica de plaquetas -adulto- cunha riqueza media de 3.5 x 1011 e diluídas nun volume axeitado de solución aditiva para que o pH, ao final do período de almacenamento sexa maior  de 6.4.
 O contido en leucocitos é menor de 1 x 106/ pool.
o   Concentrado de plaquetas mestura Irradiadas (CPMI) e plaquetoférese irradiadas – PQSI, PQI1, PQI2  -: 
Mesmos produtos que os xa descritos como CPM e PQSA, PQS1, PQS2,  pero que son sometidos a unha irradiación gamma de 25 Gy en calquera momento da súa vida (5 días) e a caducidade non está afectada polo proceso de irradiación.